Thursday 02 de May de 2024

Os ‘xenerais da Ulla’ recorren o venres as rúas de Fonte Díaz na ‘Feira do día 5’ de Touro


Touro será o próximo venres, día 5 de febreiro, o escenario principal do Entroido na comarca do Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ das parroquias de Bama e Fao serán os encargados de darlle colorido e emoción á ‘Feira do día 5’, tamén denominada ‘Feira do Entroido’, en Fonte Díaz, capital del Concello de Touro. Os xinetes, cos seus cabalos e os seus uniformes napoleónicos, participarán nunha xuntanza o venres ás 12.00 horas diante da sede do Concello de Touro. Lucirán as súas mellores galas e a continuación percorrerán as rúas da capital de Touro xunto cos demáis protagonistas dos entroido de Touro. Entre as 13.00 horas e as 14.30 horas os visitantes e veciños poderán degustar produtos típicos do entroido nos locais de hostelería de Fonte Díaz e nun posto instalado polo Concello na feira. Logo continuará o entroido na parroquia de Fao. Pero será o martes de carnaval.
(Ver programa en web www.xeneraisdaulla.com)